MEMORIA DOS PROGRAMAS REALIZADOS

NOS CONCELLOS DE: A GUARDA, O ROSAL, TOMIÑO E OIA

 

A Asociación Érguete Baixo Miño, fundada en xuño do ano 1990, leva a cabo de xeito continuo diversos programas gratuítos de incorporación social e laboral e de prevención no ámbito escolar, familiar, mocidade, redución de danos, xénero e transversais nos Concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia.

 

PROGRAMAS ÁMBITO - ESCOLAR:

 

1.- Educación para a Saúde na Escola e Prevención do Consumo de Drogas na Escola: Estase a desenvolver dende os seus inicios, no curso 1994/95, sendo a escola un ámbito idóneo de intervención para coñecer e apreciar os valores saudables e as normas de convivencia, adquirir habilidades para a prevención e a resolución pacífica de conflitos e valorar a hixiene e a saúde a través duns materiais didácticos que se traballan cos mestres e co alumnado.

 

 

 

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

3-18 anos

Universal

- Información

- Coordinación/Seguimento

- Intervencións de apoio

 

 

 2.- Intervención Socioeducativa na Aula: Como apoio ao programa anterior, realizamos diversos talleres co alumnado de cinco horas de duración como mínimo, para mellorar entre outros aspectos, as súas competencias persoais/sociais, incrementar o seu sentido crítico ou educar en valores como o esforzo ou o respecto.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

3-18 anos

Universal

- Información

-  Talleres alumnado

 

 

 3.- Non pasa nada, ¿pasa algo?: Dirixido a adolescentes e as familias traballamos tamén en talleres na escola coa finalidade de evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

3º- 4º ESO e PCPI

Selectivo

-  Información

-  Talleres alumnado

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - FAMILIAR:

 

 4.- Máis que un teito: Programa de prevención familiar que promove unha maior implicación dos pais e nais ou titores como axentes de saúde.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Familias

Universal

- Información

 

 

 5.- Entre tod@s: Programa de axuda familiar baseado en intervencións individuais, seguimentos e derivacións a outros recursos.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Familias

Indicado

- Información

- Atención de casos

- Seguimento de casos

 

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - MOCIDADE:

 

 6.- Activa:Facilitamos as instalacións e as ferramentas axeitadas para que a mocidade organice diversas actividades encamiñadas a promover a adopción de estilos de vida e de ocupación do tempo libre saudable.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Adolescentes e mozos/as

Universal

- Información/Captación

- Curso Actívate

- Espazo Aberto: Mar de Recuerdos,…

 

 

 7.- Cambio de sentido: Pretendemos mellorar a seguridade viaria entre os mozos/as realizando sesións formativas nas autoescolas xa que moitos estudos coinciden en estimar que o alcohol está implicado entre un 30% e un 50% dos accidentes de circulación.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Mozos/as en autoescolas

Universal

- Información

- Sesións preventivas

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - REDUCCIÓN DANOS:

 

 8.- Facilitación de material preventivo: Distribuímos material preventivo para frear a transmisión do VIH/SIDA, hepatite e outras enfermidades así coma fomentar o uso correcto do preservativo nas relacións sexuais, primeira causa de contaxio desta enfermidade hoxe en día.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Drogodependentes

Mozos/as

Indicado

- Educación/Apoio sanitario

- PIX (Punto Intercambio Xiringas)

- PFP(Punto Facilitación Preservativos)

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - XÉNERO:

 

 9.- Penélope: Resulta cada vez máis eficaz en cada programa ou actividade, poñer atención nas variables de xénero, cuestión avalada pola evidencia científica.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Mulleres

Universal e selectivo

- Información/Asesoramento

- Coordinación e seguimento

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - ACTIVIDADES TRANSVERSAIS:

 

 10.- Información e Sensibilización: Estas accións en diferentes medios implican á comunidade no desenvolvemento de accións preventivas e como soporte ao resto de actuacións.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Poboación xeral

Universal

- Campañas de sensibilización social

- Espazos preventivos na prensa, radio e internet

 

 

 11.- Formación de mediadores sociais: Os mediadores sociais aos que nos diriximos este ano foron os dirixentes de asociacións e entidades deportivas xuvenís da Comarca que cumpren un papel clave dentro da estratexia de prevención comunitaria e como apoio ao resto dos programas: son creadores de opinión, de modelos de actitudes e comportamentos, son animadores e dinamizadores e elementos de conexión entre as distintas institucións.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Mediadores/as

Universal

-       Información

-       Curso mediadores

-       Formación continuada

 

 

 

PROGRAMAS ÁMBITO - LABORAL:

 

 12.- Incorporación social e laboral: Con actividades formativas como o Curso de Venda no Pequeno Comercio con itinerarios personalizados pretendemos acadar un índice de insercións laborais amplo con persoas en situación e/ou risco de exclusión.

DESTINATARIOS/AS

TIPO

ACTIVIDADES

Situación e/ou risco de

exclusión social

Indicado

- Itinerarios de inserción personalizados

- Curso Venda no Pequeno Comercio

- Estudo artesanal de encadernación

 

 

 

Financiación actividades

 

Todas estas actividades están financiadas pola Consellería de Sanidade, a Consellería de Traballo e Benestar, a Deputación de Pontevedra, e os Concellos de A Guarda, Tomiño e O Rosal.

Ademais das cotas dos socios/as e outros donativos de Institucións privadas como: Comunidad Montes Goián, Comunidad Montes Curras, Comunidad Montes Santa Mariña do Rosal, La Caixa O Rosal, NovaGalicia Banco A Guarda...