Novas
EMPRENDER A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A XUVENTUDE EMPRENDEDORA

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías baixo a colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.
Trátase dun proxecto encamiñado a crear un espazo de comunicación para a mocidade sobre as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da rede.
Esta actividade está dirixida a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario é de 9:00 a 14:00 h. os martes, xoves e venres.
Iniciaremos estes talleres o 23 de agosto e finalizaremos o 16 de setembro, cubrindo un total de 60 h. e onde emitiremos un certificado de participación.
O taller completo é gratuíto e temos como emprazamento a Aula de Informática de San Benito (Praza San Benito, 2-3 -36780 de A Guarda). É imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparás aquí.
Os módulos temáticos son os seguintes:
- Talller “MARKETING DIXITAL” – 10 h.
a. Que queres facer?
b. Como o queres facer?
c. Cando o vas a realizar?
d. Onde o vas a facer?
- Taller “REDES SOCIAIS” – 20 h.
a. Cal será a máis acertada para a túa idea?
b. Utilización da rede
- Taller “WEBS CORPORATIVAS E DE COMERCIO ELECTRÓNICO” – 15 h.
- Taller “APPS” – 15 h.
Cartel Xornadas
Formulario de inscrición
Tamén podes solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Día Mundial Sen Tabaco 2016 Prepárate para o empaquetado neutro

Con ocasión do Día Mundial Sen Tabaco 2016, que se celebra este 31 de maio, a OMS fai un chamamento a todos os países para que se preparen para o empaquetado neutro dos produtos de tabaco.
O empaquetado neutro é unha importante medida de redución da demanda que diminúe o atractivo dos produtos de tabaco, restrinxe o uso dos paquetes de tabaco como soportes para publicitar e promover o tabaco, limita o empaquetado e etiquetado enganosos e aumenta a eficacia das advertencias sanitarias. O que se pretende co empaquetado neutro dos produtos de tabaco é restrinxir ou prohibir o uso de logotipos, cores, imaxes de marca ou información promocional sobre o envase, excepto os nomes da marca e do produto, que se presentarán nunha cor e tipo de fonte estándar.
|
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA SOCIOS/AS
Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o VENRES día 27 de MAIO de 2.016; ás 17:00 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior. 2º Presentación do Estado de Contas. 3º Presentación da Memoria de Actividades 2.015 e Programa para o 2.016. 4º Elección dunha nova Xunta Directiva. (Cese da Presidenta) 5º Rogos e preguntas.
Ao remate, terá lugar ás 18:00 horas en 1ª convocatoria e ás 18:30 horas en 2ª convocatoria, se o quórum así o permite e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior. 2º Proposta de modificación dos Estatutos da Entidade. 3º Rogos e preguntas.
Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
)
Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente
A Xunta Directiva
|
PRÓXIMOS TALLERES
NA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO
O vindeiro xoves e con periodicidade semanal comezamos un Taller de Respiración Consciente e Meditación: Aprende a Calmar a Mente e as súas Emocións en horario de 19:00 a 21:00 h. Trátase dunha nova actividade de carácter práctico na que buscamos afrontar o estrés e eliminar a ansiedade e os nervios, en definitiva, levar a mente a casa, soltar e relaxarse.
Durante a xornada do sábado día 4 de xuño e o sábado 2 de xullo realizaremos o 3º e 4º Taller de Constelacións Familiares no que vai de ano. Como facilitadora contamos con Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach, especialista en Programación Neuro-Linguística entre outra formación e que conta cunha amplia experiencia-. Trátase dunha ferramenta terapeútica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. É dicir, a través das constelacións -unha experiencia vivencial- poden desenmarañarse os enredos do noso sistema familiar e recuperar a fortaleza e os vínculos fundamentais que estaban detidos nun determinado conflito.
Recordamos que tamén segue aberto o Grupo de Ioga dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse nesta práctica tan saudable para o corpo e para a mente. Os días son martes e xoves en horario de 09:30 a 11:00 h. da mañá.
Todas estas actividades teñen como emprazamento o local social da Asociación Érguete Baixo Miño.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información de cada unha delas ou inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 -640 086 376 (vía WhatsApp) ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo



|
GRAN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS CONFERENCIAS “¿PARA QUE ENFERMA O TEU CORPO?” A RELACIÓN ENTRE AS EMOCIÓNS E AS ENFERMIDADES
Un total de 170 persoas asistiron ás Conferencias que remataron onte baixo o título “¿Para que enferma o teu corpo? A relación entre as emocións e as enfermidades” que organizou a Asociación Érguete Baixo Miño
Dende esta Entidade queremos agradecer a Dona Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach e especialista en PNL, a súa clara exposición sobre os diversos aspectos que abarcan esta complexa realidade.
Tamén queremos agradecer aos Concellos de Tomiño, A Guarda, Baiona e O Rosal a súa colaboración na realización destas conferencias.
Se algunha persoa precisa de máis información ou quere resolver algunha cuestión máis persoal recordamos que se pode poñer en contacto coa Asociación no local na Rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda – Pontevedra, no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou nos teléfonos 986 614 407 ou 640 086 376.

|
Práctica de Hatha Ioga
Dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse na practica do Ioga, abrimos o prazo de inscrición para participar neste obradoiro que dará comezo o vindeiro mes de marzo. A duración desta práctica abarca os meses de marzo, abril e maio en diferentes horarios a elexir:
- Mañá de 09:30 a 11:00 h. ou
- Tarde de 15:00 a 16:30 h.
Impartirase durante dúas veces á semana os martes e xoves cunha duración de hora e media cada sesión.
A actividade realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e ten un coste mensual de 25€. As prazas están limitadas por rigorosa orde de inscrición, ata chegar a un máximo de 10 persoas.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

|
|
|
Páxina 11 de 22 |
|
|
|