Novas
Inicio do curso de operacións auxiliares de servizos administrativos
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o pasado luns, 29 de xaneiro, deu comezo o curso de operacións auxiliares de servizos administrativos con moi boa acollida por parte dos usuarios e usuarias.
Ao longo de dous meses, acadarán uns coñecementos en informática así como en técnicas administrativas básicas que lles permitirán desempeñar tanto funcións dun posto de traballo, así como técnicas administrativas para o día a día.
O curso divídese en tres módulos, un sobre técnicas administrativas básicas de oficina, outro sobre operacións básicas de comunicación e un último módulo sobre reprodución e arquivo. Todos eles moi instrutivos e requiridos no mundo laboral.
Este curso atópase dentro do programa de incorporación social e laboral o cal a Asociación ven realizando desde hai anos e dándolle moita importancia as accións destinadas á busca dun emprego.
Trátase dun proxecto que está financiado pola Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
Nesta ocasión, e en estreita coordinación coa oficina de estratexia de Inclusión Social de Galicia do equipo comarcal de Baiona, as persoas demandantes de emprego que se atopen nunha situación de exclusión social, terán a oportunidade de recibir esta formación de maneira gratuíta.
Os obxectivos destes cursos é que as persoas en situación de desemprego de larga duración e con escasa cualificación profesional, abarquen outros ámbitos formativos e así poidan aspirar a novos postos de traballo.
Desde Érguete Baixo Miño facemos unha labor de prevención, información así como formación, tratando sempre de axudar as persoas e dar solucións a calquera problema. |
Comezan os programas de promoción da saúde e prevención das condutas aditivas
no CEIP A Sangriña e no IES A Sangriña de A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que na segunda semana do mes de xaneiro, deron comezo os cursos de educación e promoción da saúde así como os de prevención das condutas aditivas no C.E.I.P e no I.E.S A Sangriña nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria así como tamén en 1º, 3º e 4º da ESO no Concello de A Guarda.
Por unha banda, estanse a levar a cabo os programas de Intervención Socioeducativa na Aula e Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? os cales se atopan financiados pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias.
Nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria traballamos as habilidades sociais e a autoestima, sen embargo, cos rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO fanse actividades sobre os riscos das drogas, así como actividades para que aprendan a xestionar as redes sociais. Trátanse dunhas idades moi vulnerables e de gran influencia para o seu desenvolvemento físico, psíquico e social.
Pola outra banda, o programa Perséfone Saúde que vai dirixido a 4º da ESO, atópase financiado pola subvención a cargo do IRPF 2017 (execución 2018).
Este programa ten como obxectivo mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos xoves, incrementar o autocoñecemento persoal e a autoestima positiva, educar nas diferenzas de xénero, así como promover actitudes de prevención de enfermidades de transmisión sexual e condutas de anorexia e bulimia.
Estas accións están dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, de maneira altruísta, ven ofrecendo desde hai varios anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido. |
Curso de preparación da ESO para adultos
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veu de aprobar a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias do 25 de maio e o 7 de setembro.
Durante os meses de outubro, novembro e decembro do 2017, impartíronse nas instalacións de Érguete Baixo Miño unhas 300 horas de preparación para as probas libres de obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para adultos, quedando por rematadas o 28 decembro.
O persoal laboral técnico da Asociación foi o encargado de impartir os diferentes ámbitos social e de comunicación xunto con unha Licenciada en matemáticas, encargada do ámbito científico-tecnolóxico.
Esta iniciativa encóntrase dentro da carteira de servizos da Asociación e trátase do programa incorporación social e laboral. Trátase dun proxecto que está financiado pola Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
Hoxe en día vese de vital importancia contar co título da ESO para acceder a calquera posto de traballo polo que é unha iniciativa moi favorecedora para a sociedade e dentro das nosas accións de prevención para futuros riscos de exclusión social.
Trátanse dunhas probas con certa dificultade e que require dedicación por parte do alumnado pero que coa axuda do equipo técnico pódense levar a cabo e conseguir deste xeito unha mellor situación laboral.
É o primeiro ano que se imparten clases para a obtención do título da ESO nas instalacións da Asociación pero unha vez valorada a boa acollida por parte dos usuarios e usuarias, valorarase realizar máis cursos enfocados na obtención do título da ESO.
|
NOTA INFORMATIVA – Difusión Programa
PROCEDEMENTO: TR352C Subvencións para a contratación de traballadores desempregados pola entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Con data 21/11/2017 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, RESOLUCIÓN pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, a esta entidade ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO, a través da cal a partires do 20 de dcembro de 2017 contrataremos a unha moza desempregada inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Programa de Comunicación e Sensibilización Social”.
Descrición do Programa:
Durante 7 meses, unha “Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas” encargarase de: ELABORACIÓN DUN PLAN ESTRATÉXICO DE COMUNICACIÓN E MARKETING EFICAZ; DESENVOLVEMENTO DE FERRAMENTAS COMUNICATIVAS INTERNAS E EXTERNAS; XESTIÓNS EN REDES SOCIAIS, PÁXINA WEB E MEDIOS DE COMUNICACIÓN; RELACIÓNS PÚBLICAS; E OUTRAS XESTIÓNS AFÍNS DIRECTAMENTE RELACIONADAS COA VISIBILIDADE DA ENTIDADE.
Obxectivos e resultados:
1. Dar a oportunidade a un/ha mozo/a desempregado de traballar e adquirir unha experiencia laboral, que lle sirva para un futuro. 2. Mellorar a calidade dos servizos/programas/actuacións que esta entidade ofrece, tanto na organización interna como na atención directa ao usuario.
Financiación: Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.
|
CURSO gratuíto de “ECONOMÍA FAMILIAR” PARA DESEMPREGADOS/AS
Convocamos un Curso de Economía Familiar enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 80 h.
A data de inicio será o xoves día 09 de novembro e realizarase os xoves e venres en horario de 09:00 a 14:00 h. na sede de Érguete Baixo Miño, en A Guarda.
As prazas son limitadas a 10 participantes e o curso é totalmente gratuíto. O prazo de inscrición remata o mércores día 08 de novembro.
Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou 640 086 376 e no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Coa volta ao cole, retomamos o noso traballo no ámbito educativo e presentamos esta guía informativa cos Programas ofertados a todos os centros escolares da Comarca do Baixo Miño.
Cada programa ten unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas para fomentar unha vida máis saudable.
|
|
|
Páxina 7 de 22 |
|
|
|