Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Obradoiros persoais

Obradoiros
“AUTOESTIMA” e “TALLER DA RISA”

Ábrese o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de “Autoestima” e “Taller da Risa” que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración dos Concellos de A Guarda, Tomiño e O Rosal.
A duración de cada un dos talleres é de 32 horas que abarcarán dende o 3 -5 de febreiro ao 25-27 de maio, en horario de sete a nove da tarde todos os mércores e venres (ver carteis).

A actividade realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño  e será sen custe para as persoas socias da Asociación para unha actividade (e cun suplemento de 10€/mes se participan nos dous talleres). As persoas non socias e que desexen participar aboarán 15 €/mes.

As prazas están limitadas por rigorosa orde de inscrición, sendo a data límite o martes día 2 de febreiro.

As persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

CartelAutoestima

CartelTallerRisa