Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Programas Educativos Curso 2015-16

Co inicio do novo curso escolar, presentamos a guía breve dos programas que a Asociación Érguete Baixo Miño, no seu traballo cara a Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde, oferta a todos os centros educativos da Comarca do Baixo Miño.

Estes programas formativos e informativos, van destinados a sensibilizar ao alumnado e ás familias para afrontar unha realidade á que cada vez se enfrontan a idades máis temperás. De forma lúdica e dinámica abordamos temas como as substancias, a resolución de conflitos, a presión de grupo, o ocio saudable, as pautas de actuación para os pais/nais e mestres, etc. traballando de forma específica no reforzo da personalidade.