Obradoiro “TÉCNICAS DE RELAXACIÓN, COMBATER O ESTRÉS E A ANSIEDADE”
O vindeiro xoves día 10 de setembro, comeza na seda da Asociación Érguete Baixo Miño, unha nova edición do obradoiro “Técnicas de relaxación, combater o estrés e a ansiedade” que organiza esta Asociación xunto coa colaboración da Consellería de Sanidade e a Deputación de Pontevedra dentro do Programa “Ti tamén Contas 2015”.
A duración do obradoiro é de 30 horas que abarcarán dende o 10 de setembro ata o 17 de decembro, en horario de 19:30 a 21:30 h.tarde todos os xoves.
|