CURSO de “BEDEL, AXUDANTE DE DOCUMENTACIÓN”
PARA DESEMPREGADOS/AS
Convocamos un Curso de Bedel, Axudante de Documentación enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 380 h.
O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-práctica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 24 de setembro en horario de 08:30 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.
Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar, o Fondo Social Europeo 2007/2013 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.
As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. O prazo de inscrición remata o mércores día 17 de setembro.
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda
(Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|