Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Día Internacional Loita Tráfico Ilicito Drogas

26 de xuño, Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas

Este 26 de xuño, xornada na que se celebra o Día Internacional de Loita contra o Tráfico Ilícito de Drogas, a UNAD –Unión Nacional de Asociacións de Axuda ao Drogodependente- da cal a Asociación Érguete Baixo Miño forma parte, unímonos a todas aquelas iniciativas e propostas que claman no mundo pola protección e o respecto aos dereitos humanos das persoas con problemas de adicións.

Pedimos, neste sentido, que cando se trata de actuar en materia de drogas, se teña en conta ás persoas. Consideramos que é necesario apoialas para que podan rehabilitarse, evitando un maior risco de exclusión social.

Ademais, neste 2014, queremos expresar a nosa profunda preocupación ante a inminente reforma do Código Penal, xa que resulta prexudicial para as persoas que teñen problemas de adiccións, para elo pide publicamente ao Goberno e a todos os grupos do arco parlamentario que atendan á experiencia acumulada da nosa rede durante máis de 20 anos.

A rede UNAD elaborou una serie de propostas destinadas a mellorar a actual redacción, baseadas en cinco aspectos:

1. Delitos patrimoniais, roubos y furtos.

UNAD pide que non se endureza o castigo para os delitos patrimoniais, como roubos e furtos xa que non creceron nos últimos tempos. Considera, que aumentar o castigo ás persoas con problemas de adiccións por estes delitos só contribuirá a dificultarlles o acceso a terapias alternativas á prisión.

2. Regulación de elementos clave para a recuperación das persoas drogodependentes.

UNAD entende que as penas e medidas alternativas á prisión, están dando bos resultados, por elo o Código Penal non necesita modificacións que veñan a restrinxir a normativa vixente, que permite, entre outros, a suspensión da pena para persoas drogodependentes que finalizaran con éxito o proceso e se rehabilitaran. Pola contra, o ideal é que se flexibilicen as medidas xa existentes e se incorporen outras que son ben coñecidas en países do noso entorno e que acumulan bos resultados.

3.A nova regulación das medidas de seguridade.

Estender medidas de seguridade posteriores ao cumprimento dunha pena para evitar a comisión dun posible e futuro delito é un retroceso. Unha medida que non respecta os dereitos e garantías das persoas.

Ademais, entendemos que internar a unha persoa nun centro de deshabituación non debe exceder o prazo de 2 anos, cunha posible prórroga de 12 meses máis, no caso de ser estritamente necesario.

4. Eximentes e atenuantes da responsabilidade criminal.

UNAD, considera que este é o momento adecuado para introducir as ludopatías e outras adiccións sen sustancia no catálogo de circunstancias atenuantes e eximentes.

5. Mediación no ámbito penal.

Por último, a rede UNAD valora de forma moi positiva que se introduza a figura da mediación e solicita que se implante como circunstancia atenuante, xunto á de reparación do dano.

Como principal rede asociativa europea dedicada á atención dos problemas de adiccións con implantación en todo o Estado, UNAD está vinculada á realidade cotiá do consumo de drogas e coñece ben as necesidades actuais das persoas afectadas. Por elo, reclama que se escoite e teña en conta a súa opinión á hora de atopar solucións eficaces.

A rede UNAD aposta pola prevención e unha actuación educativa dirixida especialmente á infancia e adolescencia, que lles advirta non só acerca das sustancias prohibidas, senón tamén do alcohol, onde os efectos sobre a saúde poden ser igual de nocivos.

 

 ¡POLA APLICACIÓN DE ALTERNATIVAS Á PRISIÓN PARA DROGODEPENDIENTES!