TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO
A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades escolares de prevención realizadas neste curso escolar 2012/13 co alumnado dos centros educativos da comunidade.
Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/5 é impartido directamente polos titores na aula, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan talleres co alumnado. Nesta ocasión os beneficiarios foron nenos/as e mozos/as escolarizados pertencentes aos cursos de 6º de Primaria, de 1º da ESO e de PCPI con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, ascendendo a un total de 181 alumnas/os do I.E.S. de Tomiño, do CEIP de Sobrada de do CPR Padres Somascos de A Guarda.
Durante estas actividades, traballáronse aspectos como:
- A autoestima e a saúde.
- Coñecer os riscos de consumir: alcohol e tabaco.
- Corrixir algunhas ideas erróneas acerca das drogas.
- Aprender a expresar o que se pensa e sinte.
- Pedir axuda cando sexa necesario.
- Resistir a presión de grupo.
- Valorar as vantaxes e inconvintes de tomar unha decisión
A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas.
Agradecemos a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións.
vintes de tomar unha decisión
|