O Curso de Técnico/a en Cociña dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de setembro cunha duración de 300 h.
Nel participan 9 persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño.
Durante decembro e xaneiro o alumnado está a realizar as prácticas formativas en centros de traballo cumprindo 120 h. máis, imprescindibles para obter o certificado. As empresas que colaboradoras son as seguintes: Restaurante Area Grande, Abadía das Eiras, La Casa de la Abuela, As Brasas, Tu Menú, Casa Outeiro, Woody Pool, Restaurante Trasmallo e A Quinta do Ramo.
Esta actividade é impartida grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.
|