Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Programas Escolares e Familiares 2011-12

Como cada ano, ao inicio do curso académico, a Asociación Érguete Baixo Miño achégalle aos Centros Educativos e a comunidade escolar da Comarca do Baixo Miño unha Guía resumo dos Programas Educativos que presentamos para este Curso académico 2.011/12, cunha ampla oferta de recursos e actividades.

A nova guía presenta como novidades destacables as actividades do “Programa de intervención socioeducativa: Navega con rumbo” para adecuarse ás demandas xeradas desta sociedade na que vivimos suxeita ao ritmo que marcan as Novas Tecnoloxías e as redes 2.0.

Entre os obxectivos da presente Guía está o de visualizar o compromiso coa coeducación dos diferentes centros escolares, tanto públicos como privados concertados, e especialmente coa educación para a saúde e intervención temperá como piar básico da prevención.

GUÍA DE PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E EDUCACIÓN PARA A SAÚDE (ÁMBITO ESCOLAR E FAMILIAR) - Curso 2011-12