Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Curso A Arte de Seducir

labiosA “Asociación Érguete Baixo Miño” en colaboración co “Centro Quérote” de Vigo, organiza o Curso A Arte de Seducir.

Este curso terá lugar o mércores día 29 de xuño, no noso local social en horario de 11:00 a 13:00 horas e vai dirixido a todos aqueles adolescentes interesados en mellorar as súas habilidades sociais e as dotes para ligar.

A sedución non é outra cousa que unha habilidade persoal entre tantas, independentemente do físico, atractivo, estatus… Espertar interese en alguén, desexo e incluso o namoramento non é algo doado de conseguir, e por iso vos ofrecemos este curso, no que vos daremos uns consellos para mellorar o voso comportamento e actitude cara os demais, para ao menos, que se fixen un pouco máis en vos.

Entre outros temas, traballarase:

  • A Afectividade e as Primeiras relacións,
  • Habilidades de comunicación,
  • Expresión de afectos,
  • Igualdade de xénero,
  • e Fortalecemento da autoestima.

 

RECORDA: Se tes entre 14 e 18 anos, non sabes como afrontar as túas primeiras relacións afectivas e ademais tes moitas ganas de pasar un bo rato, ¡¡NON O DUBIDES!! Inscríbete. Empeño e adiante.

Descargar formulario de inscrición