Hoxe martes celébrase o Día Mundial sen Tabaco e queremos recordar o importante avance con respecto a esta adicción, pese ás numerosas críticas que aínda a día de hoxe se seguen recibindo pola aplicación da Lei Antitabaco 42/2010 do 30 de decembro, cada vez son máis as persoas que deciden non iniciarse ou deixar de consumir esta substancia.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “o Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco” como principal instrumento de control do tabaco a nivel mundial representando todo un logro noprogreso da saúde pública.
En Érguete Baixo Miño seguimos ofrecendo axuda a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun curso gratuíto e impartido por unha médica e unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!