No pasado mes de xuño de 2020 conmemorouse o XXX Aniversario da creación da Asociación sen ánimo de lucro ÉRGUETE BAIXO MIÑO. Xa transcorreron 30 anos cando, a primeiros de xuño de 1990, sesenta persoas reúnense no antigo Colexio público M.R. Sinde de A Guarda para tratar da grave problemática do consumo de drogas que estaba ocasionando graves consecuencias persoais e sociais no Baixo Miño á cal asistiron Mari Carmen Avendaño, un avogado e varios membros da Asociación Érguete Vigo. Desa xuntanza saíu unha Xunta Xestora que elaborou os Estatutos da Asociación, sendo aprobados o 3 de xullo dese ano polo Goberno Civil de Pontevedra, comezando esta traxectoria co nome de ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO -Asociación de Familiares e Amigos de Toxicómanos e Ex-Toxicómanos-.
Na modificación dos Estatutos en 2017, pasa a denominarse como ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE.
Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:
-
A consecución de maiores recursos e mais axeitados para a prevención, asistencia e incorporación social (acceso mercado laboral) das persoas que sofren algunha adición, as que sufriron algunha adición ou colectivos en desvantaxe social.
-
Fomentar unha vide mais saudable: minimizar os factores de risco e maximizar os factores de protección.
-
Informar, asesorar, apoiar e facilitar todo os medios necesarios para afrontar a problemática das condutas aditivas atendendo a toda a poboación xeral, especialmente mocidade, afectados directa ou indirectamente polas sustancias aditivas.
-
Xerar medidas de carácter educativo, sanitario, cultural e social con criterios de igualdade, dignidade e identidade para a toda a poboación e especificamente para os colectivos con problemáticas adversas: persoas que sofren algunha adición e persoas que sufriron algunha adición, afectados polo V.I.H /sida, discapacitados, mulleres, familias, mozos, inmigrantes, infancia, transeúntes, reclusos ou exreclusos , enfermos crónicos, persoas maiores e soas.
-
A formación continua nas temáticas relacionadas coa saúde en xeral e coas condutas aditivas, en particular para todo os membros da Asociación, así como a realización de actividades formativas e/ou con fins pedagóxicos para a comunidade en xeral e para os colectivos diana (axentes socializadores): profesorado, mulleres, mocidade, sector empresarial.
-
A realización de todas aquelas medidas legais de presión e a defensa dos dereitos das persoas que sofren algunha adición e/ou colectivos en desvantaxe social.
|
Segue aquí https://bit.ly/3f4Sn6N
|