Talleres sobre Prevención das Condutas Aditivas no IES A Sangriña de A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende xaneiro esta levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no I.E.S A Sangriña de A Guarda –Pontevedra-.
Trátase do programa denominado Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.
A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.
Esta acción está dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, ofrece de forma altruísta e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.
Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través do email
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
|