Taller "Non Te Pares, Érguete!!” 2019 - 3ª Edición-
Totalmente gratuíto e con prazas limitadas
Asociación Érguete Baixo Miño informa que a partir de hoxe, 6 de maio, ábrese o prazo de inscrición para a 3º edición do taller “Non te pares, Érguete!!” formación e activación cara a procura dun emprego. O Taller está dirixido a persoas en situación de desemprego e terá unha duración de 70h. A primeira xornada terá lugar o 21 de Maio e desenvolverase en horario de mañá (de 9 a 14) durante os meses de maio e xuño.
Algúns dos obxectivos que se traballarán son a mellora das capacidades e aptitudes persoais, ver como explotar o mellor de cada persoa e así descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais. Esta formación será impartida pola Psicopedagoga da Asociación en conxunto cunha Psicóloga experta na materia.
Ademais, como broche das actividades formativas, terá lugar unha Xornada Empresarial, onde se fará un encontro entre os asistentes e algunhas das empresas da zona para poñer en común as necesidades das mesmas e saber que é o que buscan no mercado laboral e como o buscan. Grazas a estas xornadas, na 1ª e 2ª Edición conseguiuse alcanzar unha ocupación laboral do 25% dos asistentes.
Estas actividades son financiadas pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias.
Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición a través da web da entidade www.erguete.org , achegarse ás instalacións da Asociación ou ben a través do email
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
|