Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Campaña SIDA 2018

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este ano celebrase o 30º aniversario do primeiro Día Mundial da Loita contra a Sida (en 1988). Trinta anos de activismo e solidariedade baixo esta bandeira. Trinta anos en defensa do acceso universal aos servizos vitais para tratar e previr a VIH. Non obstante, aínda non acabamos ca sida. Queda moito por facer.

Dende Érguete Baixo Miño, queremos facer eco da Campaña Día Mundial Da Sida #TransmiteRespeto. Besar, Comprender, Amar, Desfrutar, Tocar, Convivir Non Transmite o VIH, que o Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social publicou este 2018.

As persoas con infección por VIH continúan expostas a situacións de discriminación. Con información, ti podes evitalo. Infórmate sobre o VIH e transmite respecto.

Enlace CAMPAÑA http://www.mscbs.gob.es/campannas/campanas18/diaSida.htm


Tamén, destacar a campaña divulgativa que dende o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve por toda Galicia. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas.

Baixo o lema: “Coñece o teu estado fai a proba do VIH” a Consellería de Sanidade quere facer un chamamento a poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH e conseguir diagnosticar as persoas que descoñecen a súa infección para mellorar o seu futuro. A pesar de que no último ano o atraso diagnóstico desta infección diminuíu en Galicia, compre seguir, desde as institucións sanitarias, implementando as medidas que contribúan a diagnosticar e tratar ás persoas afectadas o máis precozmente posible. Coñecer o estado serolóxico respecto da infección polo VIH é a principal medida para poder controlar esta infección no futuro inmediato.

Enlace CAMPAÑA https://www.sergas.es/Saude-publica/Dia-mundial-da-sida?idioma=ga