Asemblea Territorial Extraordinaria UNAD Galicia 2018
![](https://i.imgur.com/ugrmsQK.jpg)
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o luns, 26 de marzo, terá lugar a Asemblea Territorial Extraordinaria da UNAD Galicia, en Santiago de Compostela.
A UNAD é a Rede Nacional de atención ás adicións a cal é na actualidade a maior ONG de Europa dedicada ás drogodependencias, ao agrupar a máis de 250 organizacións no gobernamentais sen ánimo de lucro de todas as comunidades autónomas menos Baleares.
A UNAD é a encargada de xestionar a subvención con cargo ao IRPF ás distintas entidades que traballan as condutas aditivas a nivel nacional, que dentro da carteira de servizos de Érguete Baixo Miño, ven a financiar os programas Empodérate e Perséfone Saúde os cales lévanse a cabo nos diferentes colexios e institutos da comarca.
Un dos temas a tratar na orde do día será o da elección da vogalía autonómica, así como presentación e aprobación de comisión xestora formada neste caso por un representante das seguintes asociacións: Asfredo Ferrol, Aliad Lugo, Érguete Baixo Miño e Érguete Vigo.
Dentro das 17 entidades, membros da UNAD da Comunidade Autónoma de Galicia, a comisión xestora será a encargada de representar os intereses e inquietudes das mesmas ante a Xunta Directiva da UNAD en Madrid.
Este tipo de accións, onde se poñen moitos puntos en común e se debaten sobre as situacións actuais sobre as condutas aditivas, vense moi positivas á hora de trasladalo á nosa comunidade.
|