Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria 2018 de socios da Asociación Érguete Baixo Miño
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o venres 9 de marzo de 2018, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria sendo ás 19.00 horas a primeira convocatoria e ás 19.30h a segunda convocatoria, no local social onde a Asociación ten as instalacións, rúa Colón, 20(Edif. O Percador, 1º piso) de A Guarda.
Como cada ano por estas datas, convócase aos socios e socias a participar na mesma, a cal contará coa seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2017 e Programa para o 2018.
4º Renovación de Cargos da Xunta Directiva.
5º Rogos e preguntas.
Para calquera consulta pódense por en contacto coa Asociación por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edificio O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra), por correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
), no twitter @ErgueteBM ou en facebook.com/erguetebm.
|