O luns día 2 de outubro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Prantas Medicinais”.
Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. Como obxectivos do curso destacamos :
- - Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias.
- - Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación.
- - Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas.
- - Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos.
- - Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.
A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os luns dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro, en horario de 18:30 a 21:00 h.
O custe do curso é de 6 € e o prazo de inscrición remata o 20 de setembro.
Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra),
Tlfno.: 986 614 407 / e-mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|