CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS ANO 2017
Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o VENRES día 16 de xuño de 2017; ás 20:00 horas en 1ª convocatoria e ás 20:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior. 2º Presentación do Estado de Contas. 3º Presentación da Memoria de Actividades 2016 e Programa para o 2017. 4º Renovación Cargos Xunta Directiva. 5º Aprobación da proposta de modificación dos Estatutos da Entidade presentada en 2016 . 6º Rogos e preguntas.
Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
)
Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente
A Xunta Directiva
|