Programas Escolares e Familiares Curso 2018/19

Érguete Baixo Miño lanza os Programas Educativos e Familiares a desenvolver nos centros educativos neste curso escolar


alt

Coa volta ao cole, retomamos o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presentamos esta breve guía informativa cos Programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa desenvolve unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgún destas actividades podes dirixirte de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben contactando no email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia expreriencia no tratamento destes temas na comunidade.

 

https://issuu.com/erguetebaixomino/docs/guiabreve_pprevenci_ncoles

 
« InicioAnterior1234SeguinteFinal »

Páxina 4 de 4