Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Estudio tabaquismo 2011

El 09/05/2011 la Asociación Nofumadores.org publicaba en su página web el estudio:

Análisis del impacto económico en la hostelería de la Ley 42/2010 (ley del tabaco)

Este documento fue elaborado por Nofumadores.org, en colaboración con CNPT, que analiza el impacto de la ley del tabaco en la hostelería entre enero y abril de 2011.

“ANÁLISIS DEL IMPACTO ECONÓMICO EN LA HOSTELERÍA DE LA LEY 42/2010, DE MODIFICACIÓN DE LA LEY 28/2005 DE MEDIDAS SANITARIAS FRENTE AL TABAQUISMO”

 
CURSO DE TÉCNICO/A EN COCIÑA PARA DESEMPREGADOS/AS

Convocamos un Curso de Técnico/a en Cociña dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 420 h.

 

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A primeira parte do curso comezará o vindeiro 5 de setembro ata o 30 de novembro en horario de 09:00 a 14:00 h. Mentres que a segunda fase de prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

 

Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

 

As persoas interesadas só teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é gratuito.

 

Se precisas máis información, contacta con nós na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407 ou no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
COMUNICADO ESTAFA

COMUNICADO OFICIAL DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

PARA TODOS OS VECIÑOS DA COMARCA

ANTE A APARICIÓN DUNHA ESTAFA NO NOSO NOME


Recentemente, chegou ao noso coñecemento de que un grupo de persoas está pedindo polas casas de particulares cartos en nome da nosa Asociación, citando a un membro da nosa Xunta Directiva.

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda, dedicada a prevención das drogodependencias, educación e promoción da saúde queremos

COMUNICAR

que esta Asociación NON realiza ningunha actividade de petición de DONATIVOS porta a porta. As vías oficiais que temos para a achega de donativos ou axuda económica realízanse mediante as aportacións dos SOCIOS ou o ingreso na nosa conta bancaria.

Polo tanto, queremos advertir a todos os veciños do Baixo Miño que en ningún momento colaboren de forma económica con estas persoas xa que se trata dunha ESTAFA.

Para calquera dúbida ou consulta poden contactar con nós a través do teléfono 986 61 44 07 ou na nosa sede sita na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador) A Guarda.

 
XX Concurso de Figuras de Area

XX CONCURSO DE FIGURAS DE AREA 2011

 

DOMINGO, 17 DE XULLO DE 2011- PRAIA O MUÍÑO

 

LISTADO DE PREMIADOS:

 

CATEGORÍA 3 – 5 ANOS

1º PREMIO - CÍES PORTELA RODRÍGUEZ

2º PREMIO - PAULA DURÁN BAZ

 

CATEGORÍA 6 – 9 ANOS

1º PREMIO - HENAR BAZ LOMBA

2º PREMIO - LARA RIAL VICENTE

 

CATEGORÍA 10 – 12 ANOS

1º PREMIO - ELENA OZORES GONZÁLEZ

2º PREMIO - MARTÍN BARREIRO BAZ

 

CATEGORÍA 13 – 16 ANOS

1º PREMIO - YAHIR PENA PENIZA

2º PREMIO - MARCOS CASTRO ARAGÓN

 

CATEGORÍA GRUPOS (3 – 16 ANOS, MÁX. 4 PARTICIPANTES)

1º PREMIO -     ALEJANDRO BERRECOSO ÁLVAREZ

LAURA BERRECOSO ÁLVAREZ

CARMEN FAJAR VELASCO

CRISTINA EIRAS RODRÍGUEZ

2º PREMIO -     ARÓN CIVIDANES BAZ

IRIA LÓPEZ BAZ

ANXO LÓPEZ BAZ

MARCOS CIVIDANES BAZ

 
XVI Travesía a nado, Porto da Guarda

xvitravesia

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na “Travesía a nado o Porto da Guarda” que terá lugar o sábado 6 de agosto de 2011.

Este ano, a organización do evento correrá a cargo do Concello de A Guarda, coa colaboración de: Asociación Érguete Baixo Miño, Club de Natación Codesal, Club de Remo Robaleira, Club ALAGUA, Asociación Pedra Furada, Confraría de Pescadores Santa Tecla, Río Verde motores forabordas e a Asociación Friends Music.

 Para máis información consultar o REGULAMENTO ou vos podedes por en contacto co:

 Concello da Guarda

Praza do Reló, 1 – 36780 A Guarda (Pontevedra)

Telf. 986 614 546 / Fax: 986 610 283 att. TURISMO

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

web: www.aguarda.es

 Descargar REGULAMENTO

 Descargar AUTORIZACIÓN MENORES

 
« InicioAnterior111213141516171819SeguinteFinal »

Páxina 17 de 19