Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Asamblea Xeral 2017

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS ANO 2017

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o VENRES día 16 de xuño de 2017; ás 20:00 horas en 1ª convocatoria e ás 20:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2016 e Programa para o 2017.
4º Renovación Cargos Xunta Directiva.
5º Aprobación da proposta de modificación dos Estatutos da Entidade presentada en 2016 .
6º Rogos e preguntas.

Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente

A Xunta Directiva

 
Campaña Tabaco 2017

wntd-2017-es-630

Día Mundial Sen Tabaco 2017
O tabaco, unha ameaza para o desenvolvemento


Con ocasión do Día Mundial Sen Tabaco 2017, que se celebra o 31 de maio, a OMS quere demostrar que a industria do tabaco compromete o desenvolvemento sostible de todos os países, incluídos a saúde e o benestar económico dos seus cidadáns.

A loita antitabáquica, que está incluída na Axenda para o Desenvolvemento Sostible, é unha forma eficaz de contribuír ao logro da meta: de aquí a 2030, reducir nun terzo a mortaldade prematura por enfermidades non transmisibles en todo o mundo, influídas as enfermidades cardiovasculares, o cancro e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
Ademais de salvar vidas e de reducir as desigualdades sanitarias, estes programas poden limitar as consecuencias negativas para o medio ambiente do cultivo, a produción, o comercio e o consumo de tabaco. Tamén axudan a romper o ciclo da pobreza, erradicar a fame, promover a agricultura sostible e loitar contra o cambio climático.

Os/as usuarios/as actuais poden comprometerse a non consumir máis tabaco ou a buscar axuda para conseguilo. Dende esta Asociación prestamos esta axuda para aquelas persoas que o demanden e así, os cartos aforrados poden ser utilizados para satisfacer as necesidades básicas, como a compra de alimentos saudables, o coidado da saúde e a educación.

VER CARTEL

VER VIDEO

 
Programa Érguete Emprega 2017

Cartel-NonteParesErguete2017_web

TALLER “NON TE PARES, ÉRGUETE!”

FORMACIÓN E ACTIVACIÓN CARA A PROCURA DE EMPREGO

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, abrimos o prazo de inscrición para participar na actividade formativa “Non te pares, Érguete! Formación e Activación cara a procura de Emprego”, que dará comezo o martes día 13 de xuño. Trátase dun taller dirixido a todas aquelas persoas desempregadas que desexen adquirir ferramentas e actitudes favorecedoras para á procura de emprego.

Duración: 70 horas

Lugar realización: Aula Asociación Érguete Baixo Miño

Horario: de 09:00 a 14:00 h (5h./día)

Calendario: Martes, xoves e venres

 

Os contidos a impartir son:

Módulo 1 – a procura de emprego como un proceso de venda (25 h.)

1.- Deixando atrás o síndrome do desempregado/a

2.- Antes de venderme, coñezo me a min mesmo/a       

3.- Teño moito que aportar?                                      

4.- Preparo os meus argumentos de venda                                           

Módulo 2 – Cómo atopar traballo (10 h.)

1.- Creo a miña estratexia para a procura de emprego

2.- A diferenciación como clave do éxito                          

Módulo 3 – Ferramentas clave para atopar traballo (35 h.)

1.- O CV tradicional contra o cv de impacto          

2.- Redactando unha carta de presentación gañadora

3.- Cómo presentar a miña candidatura de xeito eficaz

4.- Onde buscar atopar traballo

5.- Conquista ao/a seleccionador/a no cara a cara

6.- Simulacro de entrevista

Módulo 4 - Encontro con Empresas (10 H.)

Contacto directo coas empresas da zona do Baixo Miño e arredores, para coñecer de primeira man información sobre qué buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir.

 

O curso é totalmente gratuíto. Está financiado pola da Deputación de Pontevedra e polas cotas dos/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño.

 

Podes solicitar máis información e/ou inscribirte na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 – 640 086 376 ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   

 
Programa Perséfone Salud

NOVAS INTERVENCIÓNS NO ALUMNADO DE 2º DA ESO
PROGRAMA “PERSÉFONE SALUD”

COLOURBOX2576935--478x270

A partir do 18 de abril iniciamos un novo programa de intervención dirixido ao alumnado de 2º da ESO que trata sobre as relacións afectivas e xénero.

O programa denominado Perséfone Salud desenvolverase en varios centros educativos da comunidade e está financiado pola subvención con cargo do IRPF 2016 a través da rede UNAD –Unión de Asociacións de Axuda ao Drogodependente- de carácter estatal.poliamor-2

Destacan entre os seus obxectivos: mellorar as relacións interpersoais e afectivas, facilitar o autocoñecemento persoal e promover actitudes de prevención de “dependencias sentimentais ou afectivas”, enfermidades de transmisión sexual, transtornos da conduta alimentaria e embarazos non desexados entre outros. En definitiva, trátase de empoderar ás mozas e mozos para establecer relacións afectivas saudables.

 
Inicio Novos Talleres Educación para a Saúde 2017

NOVOS TALLERES DO PROGRAMA DE "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NA ESCOLA"

NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE OIA

A partir do 8 de marzo, as técnicas da Asociación Érguete Baixo Miño inician novas intervencións co alumnado sobre Educación para a Saúde nos Centros Educativos CEIP Mestre M. García e CEIP de Refoxos no Concello de Oia, concretamente cos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, baixo a colaboración do Concello de Oia e da Consellería de Sanidade – Dirección Xeral de Saúde Pública-.

Tamén o día 10 de marzo iniciaremos novos talleres no CEIP de Tebra para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e que complementan as intervencións realizadas neste curso escolar.

Ata agora realizamos as seguintes actuacións no ámbito da prevención escolar: CEIP de Barrantes con 4º, 5º e 6º de primaria; CEIP de Sobrada con 4º de primaria; CEIP Pintor A. Fernández con 4º, 5º e 6º de primaria; CEIP Sinde con 4º, 5º e 6º de primaria; CPR Somascos con 6º de primaria (actividade permanente que se realiza en cada curso escolar); e CEIP A Sangriña con 4º, 5º e 6º de primaria.

Este tipo de actividades son moi valoradas, tanto polo equipo directivo dos centros como polo alumnado, e os temas fundamentais que se tratan son habilidades sociais, as emocións, autoestima, comunicación e resolución de conflitos.

TallerPP.Somascos201617

Guardar

Guardar

Guardar

 
Curso Teórico-Prśctico "Auxiliar Forestal" 2016

OS 10 ALUMNOS/AS DO CURSO “AUXILIAR FORESTAL”
XA ESTÁN MANS Á OBRA COA FORMACIÓN TEÓRICO-PRÁCTICA


Os dez alumnos/as do Curso Teórico – Práctico de Auxiliar Forestal, organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño e que deu comezo a mediados de outubro, están a piques de rematar o módulo teórico-práctico. Levan xa máis de dous meses formándose en espazos cedidos pola Comunidade de Montes de Salcidos, nas inmediacións do monte Torroso. 

Este xoves, 14 de decembro, en colaboración co Concello de A Guarda e o GES, realizaron unha práctica para a extinción de incendios, na que aprenderon diversas tarefas como tendido de mangueira forestal, recollida, sofocación de lumes, etc...

Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, queremos agradecer especialmente á Comunidade de Montes de Salcidos e ao GES da A Guarda a súa colaboración, imprescindible para a realización dunha óptima formación e un mellor aproveitamento dos recursos existentes.

CursoForestal2016_01 CursoForestal2016_02


A actuación formativa está subvencionada pola Consellería de Política Social, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%; e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 2 de 15