Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2016

NOTA INFORMATIVA – Difusión Programa


PROCEDEMENTO:     TR352C Subvencións para a contratación de traballadores desempregados pola entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


Con data 20/07/2016 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, RESOLUCIÓN pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.0, a esta entidade ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO, a través da cal a partires do 01 de setembro de 2016 contrataremos a unha moza desempregada inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “PROGRAMA ÉRGUETE EMPREGA: ADQUISICIÓN DE PRÁCTICA E DESENROLO DA XESTIÓN DA ENTIDADE”.

Descrición do Programa:

Durante 7 meses, unha “Técnico en Administración e Finanzas” desempeñará as tarefas administrativas propias da entidade, o que lle dotará de experiencia e habilidades na xestión diaria.

Obxectivos e resultados:

1.    Dar a oportunidade a un/ha mozo/a desempregado de traballar e adquirir unha experiencia laboral, que lle sirva para un futuro.
2.    Mellorar a calidade dos servizos/programas/actuacións que esta entidade ofrece, tanto na organización interna como na atención directa ao usuario.

Financiación:
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

F.-Placa

 
Curso Intelixencia Emocional

Curso de Coidado Persoais:
“INTELIXENCIA EMOCIONAL”

O martes día 20 de setembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2016” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de Coidados Persoais “Intelixencia Emocional”.
Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos :
-    Favorecer o intercambio de experiencias entre as persoas participantes creando espazos de encontro.
-    Aprender a importancia das emocións positivas, xestión das emocións.
-    Fomentar unha actitude positiva ante a vida e potenciar a autoestima.
-    Mellorar as relacións coas demais persoas e aprender a valorarse máis.
-    Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os martes dende o 20 de setembro ata o 20 de decembro, en horario de 18:30 a 21:30.

Inscríbete xa!!

CartelIntelixencia-Emocional_WEB

 
Emprender 2016

EMPRENDER A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A XUVENTUDE EMPRENDEDORA

 

Cartel_Xornadas_Empregate_2016

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías baixo a colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.

Trátase dun proxecto encamiñado a crear un espazo de comunicación para a mocidade sobre as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da rede.

Esta actividade está dirixida a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario é de 9:00 a 14:00 h. os martes, xoves e venres.

Iniciaremos estes talleres o 23 de agosto e finalizaremos o 16 de setembro, cubrindo un total de 60 h. e onde emitiremos un certificado de participación.

O taller completo é gratuíto e temos como emprazamento a Aula de Informática de San Benito (Praza San Benito, 2-3 -36780 de A Guarda). É imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparás aquí.

Os módulos temáticos son os seguintes:

- Talller “MARKETING DIXITAL” – 10 h.

a. Que queres facer?

b. Como o queres facer?

c. Cando o vas a realizar?

d. Onde o vas a facer?

- Taller “REDES SOCIAIS” – 20 h.

a. Cal será a máis acertada para a túa idea?

b. Utilización da rede

- Taller “WEBS CORPORATIVAS E DE COMERCIO ELECTRÓNICO” – 15 h.

- Taller “APPS” – 15 h. 

 


Cartel Xornadas

Formulario de inscrición

Tamén podes solicitar máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 
Día Mundial Sen Tabaco 2016

Día Mundial Sen Tabaco 2016
Prepárate para o empaquetado neutro

BABY_630x331px_ES

Con ocasión do Día Mundial Sen Tabaco 2016, que se celebra este 31 de maio, a OMS fai un chamamento a todos os países para que se preparen para o empaquetado neutro dos produtos de tabaco.

O empaquetado neutro é unha importante medida de redución da demanda que diminúe o atractivo dos produtos de tabaco, restrinxe o uso dos paquetes de tabaco como soportes para publicitar e promover o tabaco, limita o empaquetado e etiquetado enganosos e aumenta a eficacia das advertencias sanitarias.
O que se pretende co empaquetado neutro dos produtos de tabaco é restrinxir ou prohibir o uso de logotipos, cores, imaxes de marca ou información promocional sobre o envase, excepto os nomes da marca e do produto, que se presentarán nunha cor e tipo de fonte estándar.

 
ASAMBLEA XERAL E EXTRAORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA SOCIOS/AS

Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o VENRES día 27 de MAIO de 2.016; ás 17:00 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2.015 e Programa para o 2.016.
4º Elección dunha nova Xunta Directiva. (Cese da Presidenta)
5º Rogos e preguntas.

Ao remate, terá lugar ás 18:00 horas en 1ª convocatoria e ás 18:30 horas en 2ª convocatoria, se o  quórum así o permite  e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Proposta de modificación dos Estatutos da Entidade.
3º Rogos e preguntas.

Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente


A Xunta Directiva

 
NOVOS TALLERES

PRÓXIMOS TALLERES

NA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

 

O vindeiro xoves e con periodicidade semanal comezamos un Taller de Respiración Consciente e Meditación: Aprende a Calmar a Mente e as súas Emocións en horario de 19:00 a 21:00 h. Trátase dunha nova actividade de carácter práctico na que buscamos afrontar o estrés e eliminar a ansiedade e os nervios, en definitiva, levar a mente a casa, soltar e relaxarse.  

Durante a xornada do sábado día 4 de xuño e o sábado 2 de xullo realizaremos o 3º e 4º Taller de Constelacións Familiares no que vai de ano. Como facilitadora contamos con Dna. Mª Jesús Alfonso Amoedo –Psicoterapeuta, coach, especialista en Programación Neuro-Linguística entre outra formación e que conta cunha amplia experiencia-. Trátase dunha ferramenta terapeútica que axuda a solucionar e mellorar as relacións persoais, familiares, de parella ou laborais. É dicir, a través das constelacións -unha experiencia vivencial- poden desenmarañarse os enredos do noso sistema familiar e recuperar a fortaleza e os vínculos fundamentais que estaban detidos nun determinado conflito.

Recordamos que tamén segue aberto o Grupo de Ioga dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse nesta práctica tan saudable para o corpo e para a mente. Os días son martes e xoves en horario de 09:30 a 11:00 h. da mañá.

Todas estas actividades teñen como emprazamento o local social da Asociación Érguete Baixo Miño.

As persoas interesadas poderán solicitar máis información de cada unha delas ou inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 -640 086 376 (vía WhatsApp) ou no e-mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    

CartelMeditacion

CartelConstelacions2-2016

Cartel-Ioga2-2016

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 4 de 15