Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
31 de maio, día mundial sen tabaco

TabacoHoxe martes celébrase o Día Mundial sen Tabaco e queremos recordar o importante avance con respecto a esta adicción, pese ás numerosas críticas que aínda a día de hoxe se seguen recibindo pola aplicación da Lei Antitabaco 42/2010 do 30 de decembro, cada vez son máis as persoas que deciden non iniciarse ou deixar de consumir esta substancia.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “o Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco” como principal instrumento de control do tabaco a nivel mundial representando todo un logro no progreso da saúde pública.

Máis información: http://www.who.int/mediacentre/events/annual/wntd/es/

En Érguete Baixo Miño seguimos ofrecendo axuda a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun curso gratuíto e impartido por unha médica e unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!

Enlace campaña 2011: http://www.youtube.com/watch?v=B0nJlPWyxDA

 
Estudo Artesanal de Encadernación a prezos de Outlet
Seguimos mantendo aberto durante todo o ano o Estudo Artesanal de Encadernación onde ofrecemos a posibilidade de encadernar os teus traballos en diferentes formatos: rústico artesanal con tapa dura ou branda, espiral, a presión e personalizados ademais da restauración. Dende Érguete animamos a todas as persoas que desexen recuperar libros, revistas, fascículos ou apuntes a que se acheguen ó obradoiro e que se informen sen compromiso.
Os prezos oscilan entre 1,50 € e 12,50 € dependendo do tipo e modelo do traballo a encargar. Tamén, en función da cantidade de libros a encadernar, realizaranse amplos descontos.
 
Talleres de prevención sobre adiccións no IES A Sangriña
IES A SangriñaPouco falta para rematar este curso escolar e a Asociación Érguete Baixo Miño inicia a súas derradeiras actividades escolares programadas de prevención para estes meses de maio e xuño.
Trátase de Talleres dirixidos a mozos e mozas escolarizadas pertencentes aos cursos de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de PCPI e con idades comprendidas entre os 15 e 20 anos. Neles participarán 171 alumnas/os do I.E.S. A Sangriña de A Guarda.
Durante estas actividades, que contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando en total 50 horas-, centrarémonos nos seguintes aspectos:
-          A diversión asociada ao consumo de substancias (incluíndo alcohol e tabaco).
-          Os seus efectos e consecuencias.
-          Mitos, tópicos e falsas crenzas.
-          Práctica de habilidades de afrontamento.
-          Buscando a diversión saudable.
A finalidade do programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou de abuso de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
 
« InicioAnterior111213141516171819SeguinteFinal »

Páxina 19 de 19