Síguenos en:

Facebook-Logo

twitter-logo

Archivo


Novas
Programas Escolares e Familiares Curso 2020/21

alt

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar e presenta unha breve guía informativa cos Programas ofertados gratuítamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.

Estes programas están dirixidos ao alumnado e aos pais/nais/titores que representan o eixe prioritario na educación. Cada programa inclúe unha serie de actividades encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dxs socixs.

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda. 

Érguete Baixo Miño realiza os todos os programas con persoal técnico cualificado que conta cunha amplia experiencia no tratamento destes temas na comunidade.

 

Visualiza o descarga la Guía de Programas aqui ou aqui

 
CURSO GRATUÍTO PARA A MOCIDADE

“Aprende a Comunicarte con Éxito:  Comunicación Efectiva para o entorno Familiar, Social e Laboral”

alt

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que para o vindeiro mes de outubro comeza un Curso gratuíto para a Mocidade, entre 16-35 anos, sobre a Comunicación Efectiva para o entorno Familiar, Social e Laboral “Aprende a Comunicarte con Éxito”. De xeito inmediato comezaremos este curso que se impartirá os martes en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 h.- (en total serán 16 horas) no local da Asociación Érguete Baixo Miño e seguindo estritamente o protocolo Covid-19. As prazas son moi limitadas a un máximo de 10 persoas.

Esta actividade atópase dentro do Programa de Iniciativa Xove e está financiado pola Consellería de Política Social -Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- da Xunta de Galicia.

Os mozos e mozas descubrirán habilidades de comunicación tan efectivas como a asertividade, a defensa de opinións, o respecto da posición do/a contrario/a e sobre diferentes técnicas de resolución de conflitos para poñer en práctica na vida relacional, tanto familiar, social coma laboral. Se trata de mellorar habilidades que resultan primordiais como por exemplo para conseguir e manter un emprego, para facilitar a convivencia familiar, para detectar e manexar abusos emocionais , é dicir, os/as participantes aumentarán as competencias de comunicación interpersoal, de traballo con persoas e de cara ao público.

Para máis información e inscricións, invitamos a achegarse ás instalacións de Érguete na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, tamén a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ben nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

 
XXX ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO

alt

No pasado mes de xuño de 2020 conmemorouse o XXX Aniversario da creación da Asociación sen ánimo de lucro ÉRGUETE BAIXO MIÑO. Xa transcorreron 30 anos cando, a primeiros de xuño de 1990, sesenta persoas reúnense no antigo Colexio público M.R. Sinde de A Guarda para tratar da grave problemática do consumo de drogas que estaba ocasionando graves consecuencias persoais e sociais no Baixo Miño á cal asistiron Mari Carmen Avendaño, un avogado e varios membros da Asociación Érguete Vigo. Desa xuntanza saíu unha Xunta Xestora que elaborou os Estatutos da Asociación, sendo aprobados  o 3 de xullo dese ano polo Goberno Civil de Pontevedra, comezando esta traxectoria co nome de ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO -Asociación de Familiares e Amigos de Toxicómanos e Ex-Toxicómanos-.

Na modificación dos Estatutos en 2017, pasa a denominarse como ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE.

Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:

  • A consecución de maiores recursos e mais axeitados para a prevención, asistencia e incorporación social (acceso mercado laboral) das persoas que sofren algunha adición, as que sufriron algunha adición ou colectivos en desvantaxe social.
  • Fomentar unha vide mais saudable: minimizar os factores de risco e maximizar os factores de protección.
  • Informar, asesorar, apoiar e facilitar todo os medios necesarios para afrontar a problemática das condutas aditivas atendendo a toda a poboación xeral, especialmente mocidade, afectados directa ou indirectamente polas sustancias aditivas.
  • Xerar medidas de carácter educativo, sanitario, cultural e social con criterios de igualdade, dignidade e identidade para a toda a poboación e especificamente para os colectivos con problemáticas adversas: persoas que sofren algunha adición e persoas que sufriron algunha adición, afectados polo V.I.H /sida, discapacitados, mulleres, familias, mozos, inmigrantes, infancia, transeúntes, reclusos ou exreclusos , enfermos crónicos, persoas maiores e soas.
  • A formación continua nas temáticas relacionadas coa saúde en xeral e coas condutas aditivas, en particular para todo os membros da Asociación, así como a realización de actividades formativas e/ou con fins pedagóxicos para a comunidade en xeral e para os colectivos diana (axentes socializadores): profesorado, mulleres, mocidade, sector empresarial.
  • A realización de todas aquelas medidas legais de presión e a defensa dos dereitos das persoas que sofren algunha adición e/ou colectivos en desvantaxe social.

Segue aquí https://bit.ly/3f4Sn6N

 
Programa Educación para a Saúde na Escola Curso 2019/20

Inicio dos talleres de “Intervención Socioeducativa na Aula” no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, o martes día 3 e mércores día 4 de marzo, darán comezo os diferentes Talleres de Educación e Promoción da Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, que se prolongarán durante as vindeiras cinco semanas.

Nesta ocasión, traballaremos co alumnado de 2º da ESO as habilidades persoais e sociais así como a resolución de conflitos. O labor de Érguete Baixo Miño é lograr a implicación dos rapaces e rapazas para ser capaces de manexar axeitadamente as posibles situacións conflitivas tanto actuais coma futuras, así coma fortalecer as súas relacións interpersoais. Cabe mencionar tamén a importancia de incidir no autocoñecemento persoal para o desenvolvemento dunha autoestima positiva.

Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación ofrece de maneira gratuíta ás numerosas escolas e institutos do Baixo Miño, dentro do Programa de Educación para a Saúde na Escola, financiado pola subvención da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias que colaboran nesta Asociación.

Para máis información, invitamos a todos a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.orgou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

 
Programa Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo? Curso 2019/20

Talleres sobre Prevención das Condutas Aditivas no IES A Sangriña de A Guarda

alt

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende xaneiro esta levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no I.E.S A Sangriña de A Guarda –Pontevedra-.

Trátase do programa denominado Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?  que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.

A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.

Esta acción está dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño, ofrece de forma altruísta e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozos e mozas aos que vai dirixido.

Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76. 

 
1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA

 

O 1 de decembro estaremos na Praza Avelino Vicente de 10:00 a 14:00 h.

alt

 

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que a mañá do vindeiro domingo 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 h. estaremos informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente (Praza As de Copas) en A Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva).

Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “As comunidades marcan a diferenza”. Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,... respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continue presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.

Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 21