Taller "Non Te Pares, Érguete!!” 2019

Taller "Non Te Pares, Érguete!!” 2019 - 3ª Edición-

Totalmente gratuíto e con prazas limitadas

Asociación Érguete Baixo Miño informa que a partir de hoxe, 6 de maio, ábrese o prazo de inscrición para a 3º edición do taller “Non te pares, Érguete!!” formación e activación cara a procura dun emprego. O Taller está dirixido a persoas en situación de desemprego e terá unha duración de 70h. A primeira xornada terá lugar o 21 de Maio e desenvolverase en horario de mañá (de 9 a 14) durante os meses de maio e xuño.


Algúns dos obxectivos que se traballarán son a mellora das capacidades e aptitudes persoais, ver como explotar o mellor de cada persoa e así descubrir as vías para conseguir diferenciarse no mercado laboral e conseguir adaptarse aos escenarios actuais. Esta formación será impartida pola Psicopedagoga da Asociación en conxunto cunha Psicóloga experta na materia.


Ademais, como broche das actividades formativas, terá lugar unha Xornada Empresarial, onde se fará un encontro entre os asistentes e algunhas das empresas da zona para poñer en común as necesidades das mesmas e saber que é o que buscan no mercado laboral e como o buscan. Grazas a estas xornadas, na 1ª e 2ª Edición conseguiuse alcanzar unha ocupación laboral do 25% dos asistentes.


Estas actividades son financiadas pola Deputación de Pontevedra -Cohesión Social e Xuventude- así como pola cota dos/as socios e socias.
Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición a través da web da entidade www.erguete.org , achegarse ás instalacións da Asociación ou ben a través do email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

 
Asamblea Xeral 2019

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS ANO 2019


Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o VENRES día 10 de maio de 2019; ás 19:00 horas en 1ª convocatoria e ás 19:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte

ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:

1º Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º Presentación do Estado de Contas.
3º Presentación da Memoria de Actividades 2018 e Programa para o 2019.
4º Rogos e preguntas.

Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente

A Xunta Directiva


 
Campaña SIDA 2018

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este ano celebrase o 30º aniversario do primeiro Día Mundial da Loita contra a Sida (en 1988). Trinta anos de activismo e solidariedade baixo esta bandeira. Trinta anos en defensa do acceso universal aos servizos vitais para tratar e previr a VIH. Non obstante, aínda non acabamos ca sida. Queda moito por facer.

Dende Érguete Baixo Miño, queremos facer eco da Campaña Día Mundial Da Sida #TransmiteRespeto. Besar, Comprender, Amar, Desfrutar, Tocar, Convivir Non Transmite o VIH, que o Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social publicou este 2018.

As persoas con infección por VIH continúan expostas a situacións de discriminación. Con información, ti podes evitalo. Infórmate sobre o VIH e transmite respecto.

Enlace CAMPAÑA http://www.mscbs.gob.es/campannas/campanas18/diaSida.htm


Tamén, destacar a campaña divulgativa que dende o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve por toda Galicia. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas.

Baixo o lema: “Coñece o teu estado fai a proba do VIH” a Consellería de Sanidade quere facer un chamamento a poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH e conseguir diagnosticar as persoas que descoñecen a súa infección para mellorar o seu futuro. A pesar de que no último ano o atraso diagnóstico desta infección diminuíu en Galicia, compre seguir, desde as institucións sanitarias, implementando as medidas que contribúan a diagnosticar e tratar ás persoas afectadas o máis precozmente posible. Coñecer o estado serolóxico respecto da infección polo VIH é a principal medida para poder controlar esta infección no futuro inmediato.

Enlace CAMPAÑA https://www.sergas.es/Saude-publica/Dia-mundial-da-sida?idioma=ga


 
« InicioAnterior123SeguinteFinal »

Páxina 2 de 3